luns, 21 de decembro de 2015

COMEZAMOS O MAPA DOS FAROS

Ao longo do Proxecto Documental imos ir traballando nun mapa colaborativo que nos faga ter outro punto de vista do traballo realizado...o da situación global no mapa de Galicia. Comezamos cos faros do 1º trimestre.



venres, 18 de decembro de 2015

O FARO LECTOR DO NADAL



No Nadal libroucho propúxonos elaborar unhas tarxetas que fosen á vez agasallo de nadal e agasallo lector en forma de minirelato. Nós pensamos deseños para as tarxetas, escribimos os nosos minirelatos e baixamos a colocalas na entrada do cole. Queriamos que estivese ben bonito! . O caso foi que, como viñamos de  traballar no mural de Reilibro, en troques de compoñer coas tarxetas unha árbore de nadal saíunos...UN FARO!!
Quedou moi aqueladiño, ainda que estes fortes ventos e o mar varrérono da entrada do cole enseguidiña ...pasoulle coma o faro da pedra de burela!.





faro-burela

OS MURAIS DO PRIMEIRO TRIMESTRE



Vimos de rematar na recta final do trimestre o noso mural colaborativo sobre "Os faros das Rías Baixas". Todos temos tomado nota da súa ubicación xeográfica e dos accidentes que se achan preto deles, para podelos colocar ben no noso mapa xigante da entrada do cole. Claro que ese traballiño deixámolo para a volta das vacacións!. 
Coido que Reilibro xa non vai ter ningún problema e voando de faro a faro enseguidiña estará de novo connosco na biblioteca.







venres, 13 de novembro de 2015

ITINERARIOS DE GALICIA



O noso PDI deste curso marca tamén o rumbo que levan as lecturas na Biblioteca. Entre outras temáticas, varios "xoves" de cada trimestre estarán adicados o mundo galego, tanto a súa natureza (paisaxes, fauna, flora,...) como a súa cultura. Este é o fío  co que comezou o mes de novembro e a primeira lectura escollida, relacionada tamén co traballo sobre os faros das Rías Baixas,  foi O LIBRO DAS ILLAS CÍES. Dúas nenas de 5º de Primaria foron as lectoras da  primeira semana.



REILIBRO QUERE QUE PESCUDEMOS SOBRE OS FAROS DAS RÍAS BAIXAS

Avanzamos no mes de novembro e xa temos novas de REILIBRO, o mouchiño que vixía a biblioteca no mes de novembro. O caso é que xa non está na biblioteca porque os fortes ventos das outras semanas (dos que con este soliño non acordamos) deron coas súas ás nunha...BATEA!!.
Ollade a mensaxe que nos chegou ás aulas





E a que faros refírese?. A todos estes que saen nas fotos. A cada aula tocoulle investigar un distinto.



Agora temos que poñernos á tarefa de contestar todas esas preguntas para axudar ao mouchiño...xa vos contaremos.






mércores, 14 de outubro de 2015

MOUCHOLIBRO INVITA A COMEZAR O TRABALLO

Lemas lectores e decoración especial nas bibliotecas de aula que teñen que se converter en verdadeiros faros de lecturas.


As bibliotecas de cada aula enseguidiña se encheron de motivos fareiros.


UNHA CASA PARA OS LUMIMOUCHOS

A primeira tarefa deste curso foi facerlle unha casa os nosos lumimouchos, as mascotas da biblioteca neste ano internacional da luz. Se o noso PDI titúlase Galicia de faro a faro non podiamos facer outra cousa mais que un enorme faro onde couberan todos. Coa participación de tódalas aulas fomos construíndo paseniño este fogar ao que aínda lle faltan algúns detalles, pero pouco a pouco imos indo.


sábado, 10 de outubro de 2015

COMEZAMOS

Curso novo, proxecto novo. Comeza aquí unha nova andaina. Imos achegarnos á xeografía galega costeira sen deixar de contribuir a celebración do Ano Internacional da Luz. O noso proxecto documental integrado "Galicia de faro a faro. A xeografía das bisbarras" vai dar para iso e para moito mais. Axexade o camiño no que imos ir indo...agárdanos unha boa viaxe!.