luns, 21 de decembro de 2015

COMEZAMOS O MAPA DOS FAROS

Ao longo do Proxecto Documental imos ir traballando nun mapa colaborativo que nos faga ter outro punto de vista do traballo realizado...o da situación global no mapa de Galicia. Comezamos cos faros do 1º trimestre.



venres, 18 de decembro de 2015

O FARO LECTOR DO NADAL



No Nadal libroucho propúxonos elaborar unhas tarxetas que fosen á vez agasallo de nadal e agasallo lector en forma de minirelato. Nós pensamos deseños para as tarxetas, escribimos os nosos minirelatos e baixamos a colocalas na entrada do cole. Queriamos que estivese ben bonito! . O caso foi que, como viñamos de  traballar no mural de Reilibro, en troques de compoñer coas tarxetas unha árbore de nadal saíunos...UN FARO!!
Quedou moi aqueladiño, ainda que estes fortes ventos e o mar varrérono da entrada do cole enseguidiña ...pasoulle coma o faro da pedra de burela!.





faro-burela

OS MURAIS DO PRIMEIRO TRIMESTRE



Vimos de rematar na recta final do trimestre o noso mural colaborativo sobre "Os faros das Rías Baixas". Todos temos tomado nota da súa ubicación xeográfica e dos accidentes que se achan preto deles, para podelos colocar ben no noso mapa xigante da entrada do cole. Claro que ese traballiño deixámolo para a volta das vacacións!. 
Coido que Reilibro xa non vai ter ningún problema e voando de faro a faro enseguidiña estará de novo connosco na biblioteca.