luns, 18 de abril de 2016

ÉRICA ESMORÍS. VISITA E MAQUETAS

Fálannos no  noso blogue Fonte dos Frades da visita da escritora Érica Esmorís aos nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria. Eles xa leran na aula "Nena e o mar", itinerario lector nese "ciclo". Daquela recibiron moi ledos á autora do libro e agasallárona cunha exposición de maquetas e debuxos arredor da vila mariñeira Porto Balea no que comeza a historia e viven os protagonistas.




 














Deixamos aquí a crónica da súa visita contada polos protagonistas: 

 O xoves 14 de abril, os alumnos de 5º e 6º de primaria visitounos a autora Érica Esmorís, gañadora do Premio Merlín de Literatura Infantil 2015, co seu libro "Nena e o mar". Ao longo de hora e media, fixo un percorrido da súa vida como escritora. Contounos a súa paixón polos animais, o mar e a creación literaria. Como é o seu proceso escritor desde que comenza un libro, ata que o finaliza. Este libro foi adicado ao seu neno-serea, un gato precioso chamado Pepe. Escoitamos tamén a banda sonora que compuxo o seu mozo para "Nena e o mar". Despois de adicarnos o libro, invitámola a ver unha pequena exposición de maquetas e debuxos que xurdiron despois da lectura.



 
visita Érica Esmorís - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

venres, 1 de abril de 2016

2ª PARTE DO MURAL-MAPA DOS FAROS

Descubertas tódalas incognitas que nos propuxeron os Mouchos neste segundo trimestre, fomos quen de colocar cada faro no seu sitio ao longo da provincia da Coruña, en especial na Costa da morte.