martes, 31 de maio de 2016

A DERRADEIRA PETICIÓN DOS MOUCHOS

Xuniño, a nosa mascota da biblioteca do mes de Xuño, sabe que as nosas cabeciñas xa non dan para moito máis, pero aínda así atreveuse a invitarnos a xogar pensando, a facer as nosas derradeiras pescudas neste curso á conta dos nosos murais dos faros e do Día da árbore que polas circunstancias do curso e do traballo que tiñamos en marcha decidiramos pospoñer a este mes.
Daquela estas son as propostas que chegaron as aulas. Imos ver que dan de sí!

Para nos axudar co xogo das árbores deixounos uns recursos nas pestanas de arriba. As fotos das árbores que hai que procurar no patio téñenas as profes. Seica haberá que llas pedir.





Esta é a foto que nos deixou no seu faro da entrada para que practiquemos un pouquiño de imaxinación e creación literaria

 

Estas son as preguntas que nos deixou na biblioteca para que nos animemos a ler ben os murais dos compañeiros. Poñémolas aquí por se alguen quere xogar con nós. Claro que o mellor tedes que vir ao cole a consultar toda a información. 
 














domingo, 29 de maio de 2016

MONOGRÁFICO DO PDI

Xa saiu do prelo o noso Xornal monográfico no que vos imos avanzando algunhas cousiñas das que fomos facendo ao longo deste curso.

Velahí está

don moucho

OS MURAIS DE METALMOUCHO XA ESTÁN PREPARADOS

Xa hai  dúas semanas que rematamos o traballo para Metalmoucho, pero con tantos acontecementos non puidemos amosárvolo. Os murais xa  nos contan todo o que hai que saber dende as escaleiras que suben ao segundo andar. Tódalas incógnitas xa se despexaron. Ide lendo a información  nas pestañas de cada aula,  ...pero volvede  miralas dentro dun tempiño porque todos estes días imos estar subindo información nova. Xa vos demos tamén un adianto no Xornal Don Moucho, adicado de xeito monográfico ao noso PDI.

LIBRO VIAXEIRO A MARES

 


Rematou a sua andaina polos cursos de Primaria o libro colaborativo viaxeiro "a mares". Recala agora nos portos de infantil. Seguro que a tódolos cativos encántalle o traballo dos seus compañeiros. Seremos quen a superalos?















 

sábado, 28 de maio de 2016

A MAQUETA DO MAPA DOS FAROS

Os nenos e nenas de 6º de Primaria presentaron  a súa maqueta  do mapa de faros de Galicia.
Dende o comezo de curso empezaron a traballar nela, sendo un apoio excelente para a súa aprendizaxe. Nela incluíron tódolos faros que estamos a traballar nas aulas e  seguro que algún máis... Tamén colocaron tódolos elementos xeográficos característicos de Galicia que manexaron durante todo o curso.
É a súa contribución como aula á exposición final do proxecto ( na que tamén participan as familias) e que xa está empezando a tomar forma na entrada do cole.














luns, 16 de maio de 2016

UN FARO DIFERENTE

Este é o faro que prepararon os pais para a festa dos Maios celebrada pola Anpa. Eles sempre tan colaboradores cos nosos proxectos, quixeron poñer o seu propio granciño de area, ademais dos granciños que xa lles pediramos nós.